DATA DO FORO: 4 DE NOVEMBRO DE 2022

“No ano 2030, o 80 % dos traballos estarán enfocados en carreiras relacionadas
con STEM”

O Forum de Emprego STEM, organizado polo Campus Industrial de Ferrol (CIF) da Universidade da Coruña, é a primeira iniciativa para xerar un punto de encontro no que poderás coñecer que ofrecen e que están a buscar as principais empresas nacionais e multinacionais no ámbito STEM. 

sabías que...

Un estudo da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) vaticina que boa parte dos empregos actualmente máis demandados desaparecerán en 2030 y serán substituídos por profesións relacionadas directamente ou indirectamente con carreiras STEM.

Beneficios

Participar en FESTEM está cargado de oportunidades, xa que poderás:

Axenda

O evento desenvolverase ao longo do día 4 de novembro de 2022 na Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol e as actividades dividiranse en tres espazos:

1.

Zona de stands de empresas

Coñecerás de primeira man as persoas responsables de recursos humanos das empresas máis relevantes. Nestas casetas poderás entender que buscan as empresas das persoas candidatas nos seus procesos de selección e presentar a túa candidatura ás vacantes que oferten.

2.

Zona de demostracións

Poderás coñecer:

* As principais tecnoloxías e produtos que o tecido industrial galego está a desenvolver.

* Como funcionan e traballan os equipos de desenvolvemento destas iniciativas.

* Proxectos de investigación e desenvolvemento de produto que se están liderando desde a UDC.

3.

Zona de conferencias

Un espazo deseñado para o teu desenvolvemento persoal e profesional no que poderás asistir a:

* Talleres de marca persoal en redes sociais, deseño efectivo dunha proposta de valor persoal e un CV.

* Simulacros de entrevistas de traballo con feedback.

* Dinámicas de grupo usadas nos procesos de selección.

* Coñecer como vai evolucionar o mercado laboral nos próximos anos…

Empresas participantes

Inscríbete!

Anexar CV * Campo obligatorio. Máximo 2mb.